domingo, 30 de diciembre de 2018

Sei Dun Lugar - Obra Teatral 22 Dic_2018

A Asociación Cultural Sen Ánimo de  Nome  pechou a súa programación cultural do ano cun espectáculo teatral. O sábado 22 de decembro no Salón de Actos do Centro Cívico de Os Mallos da Coruña.
A obra teatral en cuestión foi  “Sei Dun Lugar” de Iván Morales: actor, director e guionista catalán vinculado ao “Teatre  Lliure”. Compuxo esta obra no ano 2011, galardoada no 2012.
Xs protagonistas foron xs súas dúas intérpretes Iria Lamas e Brais Abad, e o seu director e produtor Jose Leis. 
Xs tres artistas coruñeses volveron exhibir na cidade despois de dous anos. Estiveron a actuar e mostrando a peza teatral na Coruña en decembro 2016 (3 funcións) e en Madrid na primavera 2017 (5 funcións).



Unha comedía romántica dunha hora de duración onde dous mozos, Simón e Bera, andan nun momento de madurez persoal que os pode conducir a unha nova realidade.

SINOPSE
Simón, un guionista de éxito, decidiu quedar na casa para “autocoñecerse”. Bere, a súa amiga de toda a vida, non entende este encerramento, pero precisa de alguén a quen
contar as cousas que vive. Ningún dos dous saben se se queren. Unha comedia romántica que expón o desoriente dunha xeración chamada “Y”. Todo o mundo soubo e sabe o que é madurar…

A función teatral entra dentro do proxecto 1+1Play Artistas en Microresidencia da mesma asociación, programación Cultura de Barrio 2018 da Concellería de Cultura da Coruña.


ACTORES
Iria Lamas, Barcelona. Formada nas escenas galega, catalana e madrileña. Unha viaxeira da creación na escena. Só entende a paixón nos seus personaxes, pola súa capaciadade de arraigo á humanidade, sen saber natalmente a onde pertence. Os últimos traballos en que realizou foron Fariña (serie para Antena 3) e a obra teatral " Borís  Kién" representada no espazo Nave 73 de Madrid.
https://www.thingsmanagement.com/iria-lamas

Brais Abad, A Coruña. Formado en escolas galegas e madrileñas, tras pasar por filmes como “ Os fenómenos “ ou series coma “Matalobos”, é un actor que só camiña buscando a verdade en todo o que interpreta, de aí que o recoñezamos como ese veciño que sempre temos ao noso carón.
https://www.youtube.com/watch?v=XgPJPd1sIQY


DIRECTOR
Jose Leis, A Coruña. Formado con mestres da valía de John Strasberg, John Wright, Carlo Boso, Alfredo Rodríguez, xa só busca facer que a realidade sexa vista como verdade. Sempre paseou polos espazos límites entre a comedia e o drama.Con máis de vinte anos dirixindo expón nesta peza a conclusión de forma na que cre firmemente.
https://www.joseleis.com/


Espazo Escénico: Jose Faro (Coti). Escenografo graduado pola ESAD de Galicia, con exemplos claros das suas habilidades renovadoras en compañías de nova formación coma CatroCadeiras e ILMaquinario.

Roi Vidal. Dramaturgo e director galego formado na ESAD de Galicia mais coa facilidade de contar desde neno cunha cuna teatral como son os seus pais Roberto Vidal Bolaño e Laura Ponte. É o tradutor e adaptador deste texto de Iván Morales.

ESPECTÁCULO
Unha comedia romántica de dous mozos que buscan endrezar a súa vida para seren quen soñaron ser sen saber cal é o lugar do outro nin o deles mesmos. Unha proposta de comedia romántica, onde os sentimentos están por riba do acontecimento.
Unha posta en escena de ton realista e xeracional onde todo o público pode sentirse identificado. Un só escenario para amosar a evolución no tempo dunha relación, que aínda que non coñezamos, recoñecemos nalguén moi achegado.
Un piso, un salón, unha “parella” un ano, todo o que ten que pasar para entender que podemos estar xuntos.

SEI DUN LUGAR é sen duvida una comedia agridoce que nos mostra, dende o humor e os bos sentimentos, o desconcerto no que entran as xeracións novas ao atoparse en que iso polo que loitaron non é máis que o comezo dunha loita na vida. Un proceso de madurez individual con tintes xeracionais pois toda unha xeración (chamada “Y”) está un tanto perdida ante as opcións vitais que están diante das súas vidas.


Fabrizio Rosano
A Coruña

No hay comentarios.:

Publicar un comentario