martes, 14 de junio de 2016

CUT & PAINT - 1+1PLAY/A CORUÑA XUN_16

ErrE + Nin9 St.
A CORUÑAª



Sen Ánimo de Nome, na edición de xuño do 1+1Play/Coruña, contou co traballo conxunto de dous artistas urbanos coruñeses: ERRE e NIN9 St.
A inauguración da mostra “Cut & Paint” tivo lugar o xoves 9 de xuño, de 8pm a 9.30pm, na Casa Museo María Pita, na rúa de Herrerías 28 (Cidade Vella da Coruña).


"Cut & Paint" é unha mostra onde a vontade dos artistas é homenaxear e centralizar a atención sobre a súa disciplina, o “stencil”.
O “stencil” é unha disciplina artística urbana, son "pintadas" que adoitan realizarse sobre todo pola rúa cun fin que vai máis aló de plasmar o nome dun barrio, grupo ou alcume.

A exposición estará aberta até o 10 de xullo. 
Horarios de apertura ao público:
Martes a sábado: 10.30 a 14.00 h e de 17.30 a 20.00 h.
Domingos e festivos: 10.30 a 14.00 h.
Lugar: Casa Museo María Pita, rúa de Herrerías 28, A Coruña.

“Cut & Paint ” é o significado en inglés de “Curta e pinta” que reflicte a técnica da disciplina utilizada dos artistas protagonistas do 1+1Play/Coruña de xuño.  O "stencil" é a  técnica de cortar a imaxe desexada sobre un material (cartolina) para logo utilizar o recortado (modelo) como método de estampaxe. Foi intención dos artistas denominar á súa exposición "Cut & Paint" como un modo de dar á súa disciplina a importancia que merece e afirmar o seu valor, ao mesmo nivel que calquera outra.


ErrE, artista urbano coruñés e autodidacta, comezou a súa andanza no stencil no ano 2006,
inspirándose noutros artistas urbanos como C215 ou Bansky. ERRE coméntanos como, hoxe en día, é fácil ver obras de street art na rúa (muros, colectores de lixo, portas de garaxe etc.). Ideas graficamente sintetizadas nunha figura, rostro, corpo ou obxecto que transmite unha mensaxe política incómoda, talvez de descontento social, de inconformismo, de rexeitamento ás políticas económicas, á desigualdade, etc.
Para o artista coruñés, pintar ten o significado de deixar o seu pensamento nas rúas da cidade dunha forma gráfica.  Facer chegar unha mensaxe e crear un diálogo co transeúnte é o máis emocionante da súa profesión.





















Nin9 St.. leva máis dunha década explorando vertentes do street art, chegando a dominar primeiro a técnica do stencil e experimentando despois cos seus diferentes estilos. O artista urbano coruñés acaba por dar un paso adiante e aplicar diferentes conceptos a esta técnica, máis aló da simple aplicación de pintura no molde, combinando texturas, materiais, etc. Nin9 St. introduce un elemento común na xungla urbana: a dos carteis publicitarios. Contra unha publicidade aburrida que, lonxe da súa función de informar, satura pola súa masificación, Nin9 St. insire o concepto da “de-construción” na colaxe, dando á súa disciplina unha orde preestablecida que, combinada con grandes moldes, forman unha obra publicitaria máis urbana e contemporánea.





















O "stencil" como disciplina de street art é realizado as máis das veces de forma ilegal, situación que confire emoción e adrenalina a quen o practica. De aí a cuestión: hai que clasificalo como unha acción artística ou vandálica? 
ERRE e Nin9 St., como o resto de artistas urbanos, son unha realidade innegable. Artistas que non calan, alzan a voz, buscan a forma de ser escoitados, esixen liberdade de expresión e saben ben que, coma eles, os muros tampouco calan, senón que mostran a súa posición ideolóxica, clara e concisa. Aínda que se trate de evitalos ou censuralos, son artistas que atoparán sempre a maneira e os medios para se poderen expresar, aínda que a arte se converta en risco para eles. Quizais deberían nacer máis a miúdo colaboracións entre esta disciplina e as institucións, como no noso caso, para apoiar e defender artistas urbanos que teñen todo o dereito de ser considerados como tales.  



El Cos

Ademais, contamos con uns artistas invitados que intervinieron no espazo: O Cos cun recital poético, Apen Thunder M4d3 con música de atmosfera e Emanuele Dainotti e Alessandro Capuzzi de "Sette Secondi Circa" cun vídeo arte.
Unhas grazas especial aos artistas invitados que colaboraron para regalar ao noso público unhas intervencións en directo. 

O Cos cun recital emocionante que tivo os espectadores en suspance cos seus 3 poemas en modo rap.




Apen Thunder conseguiu acompañarnos cunhas melodías experimentais que fuches máis que agradables mentres se gozaba das obras dos artistas urbanos.

Apen Thunder
Para terminar a inauguración proxectamos o "El dilemma dell'istrice" dos productores italianos Emanuele Dainotti e Alessandro Capuzzi que falaba sobre as cruces das relacións entre a vida, o traballo e o amor.

Sette Secondi Circa
Fabrizio Rosano 
14/06/2014
A Coruña