De corpos presentes é unha plataforma de produción, investigación e difusión das artes performativas contemporáneas en Galicia; un campo cunha comunidade artística moi fértil e activa –tanto no plano creativo e de creación de coñecemento sobre o noso presente, como na súa capacidade mediadora e dinamizadora a nivel social–, pero cun contexto institucional aínda pouco propenso para acoller e aproveitar todas as súas potencias.
http://decorpospresentes.gal/
Partindo da diagnose desta situación, á que queremos identificar como oportunidade, De corpos presentes procura activar conexións entre unha serie de artistas con procesos creativos en marcha no noso territorio, e unha serie de espazos museísticos, culturais e de coñecemento sensibles á creación contemporánea que, por súa vez, aglutinan a un conxunto de públicos. A forma destas conexións defínese a través dun traballo de curadoría e mediación, para xerar un programa axeitado en cada caso, en función dos artistas e colectivos implicados, e tamén en función dos espazos, museos e públicos.
https://www.facebook.com/decorpospresentes/
De corpos presentes fai alusión aos corpos de hoxe e ao seu estar xuntos nos nosos tempos, habitados e por habitar. Fai alusión, por unha banda, á materia mesma das artes performativas: o corpo como material poético. A súa expresión en plural (corpos) atende á noción de comunidade e/ou de multitude, arredor da cal xiran moitas das creacións contemporáneas. Por outra banda, o título refire ao diálogo que estes corpos establecen co noso tempo, o presente, e as súas múltiples formas posibles: os nosos presentes. Un diálogo que os corpos xeran a través do seu propio estar (estar presentes) e da súa acción nun espazo e nun tempo compartidos. O diálogo e a intelixencia da súa performatividade.
Así que un gran pracer, para nós de Sen Ánimo de Nome, colaborar e apoiar o proxecto de Sabela Mendoza. O 5 de decembro 2018 conseguimos reunirnos entre un grupo de persoas moi linda e comprometida pola causa e o contido da mesma acción rueira e fómonos polas rúas do centro da Coruña a pegar carteis coa escrita: O NOSO PLAN É BAILAR ATA QUE TODO SE SOLUCIONE. Unha frase reivindicativa e poética á vez. Unha mensaxe ao que todxs sentimos identificadxs e que nos une para seguir loitando para unha cultura viva e para seguir traballando no que as nosas paixóns e sentimentos móvennos. A arte é Educación e necesita o apoio que se merece de parte das institucións, dos movementos asociativos e de todxs nosotrxs. Grazas a todxs lxs participantes que vos animastes para apoiar a iniciativa: Félix Fernández, Inés Fernández Formoso, Javier Martín, Iria Lamas Alsina, Raque Tade, Anuk Leandro, Alicia Rivela, Evinha da Torre, Anna Valencia, ERRE Stencil Art, Maria Leis, Sara M. Bernard, Cristina, Maria, Caterina, Pilar, Conchi e Cris. A Miguel Carballo por gravarnos e montar o vídeo de difusión e Caterina Varela Garea por montar o deseño do cartel. SEGUE BAILANDO ATA QUE TODO SOLUCIÓNESE. De corpos presentes nace co apoio de Cultura da Deputación dá A Coruña, a través das axudas a proxectos singulares de especial interese cultural.
Fabrizio Rosano
A Coruña
No hay comentarios.:
Publicar un comentario