miércoles, 19 de abril de 2017

1+1PLAY/A CORUÑA ABR_17

NIN RAP NIN POESÍA NIN PINTURA SENÓN TODO ISO Á VEZ
RASE TAPÁNDARI + LUIX KAF ►
Granada + A Coruña ► 



Sen Ánimo de Nome celebrou su edición de abril do 1+1Play/Coruña coa participación especial dun
artista invitado: Rase Tapandári desde Granada.
O artista granadino, poeta, cantaudor e rapper visita A Coruña para colaborar e mostrarse ao noso público nun fin de semana completo de actividades. Acompañarao nesta adventura o artista local Luix Kaf co fin de escribir xuntos unha nova historia, unha nova experiencia artística, un intercambio cultural feito de palabras, risas e sentimentos.
Tres días, tres eventos, gozando de tres disciplinas distintas (poesía, música e pintura) que se mesturan entre elas co fin de interactuar co público coruñés.


O xoves 6 de abril empezamos cunha jam session de poesía onde os dous artistas recitaron os seus
poemas creando unha atmosfera delicada e sensible. A intención, xunto á participación do público que intervino cos seus poemas, foi crear unha tensión emocional, saboreala e vivila.
O venres 7 de abril volvemos pola mañá cun taller de poesía que finalizou cunha intervención de frases poéticas pintadas nunha parede da rúa da cidade.
O sábado 8 de abril houbo lugar unha session vermut musical do artista granadino invitado. Rase Tapándari finalizou a súa xira na Coruña cun concerto acústico. Foi unha mestura de poesía, canción, música e slam poetry.


Rase Tapándari é un artista polifacético, incómodo, como tantos, coas etiquetas convencionais. O seu
traballo rolda os mundos do rap, a poesía, a prosa, o slam poetry e a canción de autor, sen instalarse en ningún deles propiamente. Desde 2008, ha autoeditado seis traballos musicais, onde o seu LP “The Longest Way Home” foi considerado un dos cinco mellores discos do ano 2014 polo programa de Rne3, A Cuarta Parte. En 2013, fundou Proxecto Nagual, coa que produciu o LP “De la ciudad y el tiempo”: un espazo de interacción entre artistas do mundo da música, a poesía e a imaxe. Na actualidade, atópase presentando a súa última obra, o libro-disco “Los días en que dejé de ser tú” (Desacorde Edicións, 2016), que reúne cancións, poemas e ilustracións. En solitario e coa súa guitarra, Rase é capaz de crear un ambiente íntimo e reflexivo á vez que entretido, abordando desde diferentes prismas, cuestións tan transcendentais como cotiás.

Luix Kaf (A Coruña) naceu en 1982 sen pensalo. Foise inadaptando ao mundo. Versátil, lanzouse á
piscina e quedou así tras múltiples trompazos pracenteiros. Tirou o curriculum para ser debuxante, e non sabe moi ben porqué escribe isto en terceira persoa.
Formou o “Comando Esbardalle” xunto a outros poetas piratas que viraron ata Barcelona, Sevilla, Madrid e blablabla, rompendo a barreira artista-público e enxalzando aos espontáneos.
A música pilloulle nunha batería (Metabuzz, Tabulé Quilombo...). Actualmente dedícase ao micrófono na banda mongostoner “The Fulans”, editando “Canardos&Anacardos”, premio do “Festival Irmandiños de Moeche 2015”. Entre os seus proxectos descabezados, traballa nun disco de poesía e electrónica con varios colaboradores, que posiblemente se titule “Con versos de Ruídos”.
Polo teatro pasou como actor e guionista, sendo un dos seus dubidosos hits a xira “Apaga a Tele, Acende a túa Vida”, con Rubén Artabe e Erika Road.
A pesar de todo o anterior, parece ter facilidade para descolocar ás súas vítimas en soños que defende fronte á realidade normal, utopista vehemente con mans de nubes. Algún día a morte diralle “díxencho”, pero é o que hai. Esperemos que, mentres, use o seu delirio en beneficio da humanidade, ou o que quede dela.


 “Nin rap nin poesía nin pintura senón todo iso á vez” é unha programación artística que mestura poesía, música e pintura. É o resultado do proceso creativo do noso proxecto 1+1Play Artistas en Microresidencia que busca como comun denominador o de entrelazar disciplinas distintas co fin de obter un resultado creativo aberto e innovador.
É tamén froito da volutad participativa dos artistas que se prestan a colaborar e a mostrar o seu traballo a un público novo e curioso.
Agradacemos o Concello da Coruña que coa súa axuda ao apoio Cultura de Barrio axudáronnos a impulsar o noso traballo dando máis frescura, liberdade e flexibilidade á produción do evento.













Fabrizio Rosano
16/04/2017
A Coruña

No hay comentarios.:

Publicar un comentario