viernes, 2 de septiembre de 2016

Peche da Mostra de Arte "Cut & Paint"

Peche da Mostra de Arte "Cut & Paint" dous artistas urbanos coruñeses: ERRE e NIN9 St.


Sen Ánimo de Nome celebrou o 21 de xullo o peche da exposición "Cut & Paint" inaugurada o anterior 9 de xuño 2016.
Para a ocasión tivemos dous concertos: Juanillo Mesuras (guitarra e voz) ás 8pm, e MJ Pérez (dúo acústico) presentando "Guerrilleira" ás 8.45pm.

ErrE intervino cunha acción artística de rúa utilizando a súa técnica stencil.
Ademais se sortearon dúas mini-obras do artista urbano Nin9 St. entre o público presente. 
Foi ocasión máis para gozar da mostra de arte urbana dos dous artistas coruñeses ErrE e Nin9 St. 

Lugar: xoves 21 de xullo ás 8pm na Casa Museo Maria Pita, na Rúa Herrerías, 24 (Cidade Vella).



"Cut & Paint" é unha mostra onde a vontade dos artistas é homenaxear e centralizar a atención sobre a súa disciplina, o “stencil”.
O “stencil” é unha disciplina artística urbana, son "pintadas" que adoitan realizarse sobre todo pola rúa cun fin que vai máis aló de plasmar o nome dun barrio, grupo ou alcume.

“Cut & Paint ” é o significado en inglés de “Curta e pinta” que reflicte a técnica da disciplina utilizada dos artistas protagonistas do 1+1Play/Coruña de xuño.  O "stencil" é a  técnica de cortar a imaxe desexada sobre un material (cartolina) para logo utilizar o recortado (modelo) como método de estampaxe. Foi intención dos artistas denominar á súa exposición "Cut & Paint" como un modo de dar á súa disciplina a importancia que merece e afirmar o seu valor, ao mesmo nivel que calquera outra.

Os ganadores das mini-obras de Nin9 St.
Juanillo Mesuras, cantante de "Os Juanpiño's" foi protagonista dun espectáculo musical (guitarra e voz).



https://www.youtube.com/watch?v=Bm2c15Nw5LE

MJ Pérez é unha das novas voces da música galega que ven pegando forte. Presentou o seu último traballo, Guerrilleira, un álbum cunha ducia de temas vencellados por un motivo común: a guerra. Cada canción fala dunha historia individual e a mesmo tempo o disco conta a historia dun conxunto articulado por un conflito bélico."



As artistas MJ Pérez e Inés Mirás






















mjperez.bandcamp.com 
https://open.spotify.com/artist/0UH6vXcVJPFi138xDWBIOi 
https://twitter.com/chamanmeMJ 
https://www.instagram.com/mj_eu/